Blog do comedor escolar do CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ
domingo, 31 de xullo de 2022
FUNCIÓNS DO COMEDOR ESCOLAR🍎
* Proporcionar unha alimentación de calidade, adaptada ás necesidades, e ás características dos usuarios. Isto inclúe consideracións culinarias e nutricionais, relativas ao aspecto e á presentación dos menús.🍆
* Coñecer e valorar as apetencias, e as aversións dos cativos aos diferentes alimentos, e intentar avanzar partindo da situación real de cada neno, e de cada nena.🍇
* Destacar a presenza de alimentos de tempada, especialmente no que respecta a froitas e a hortalizas.🍌
* Adaptar as receitas ás diferentes épocas do ano.🍍
* O espazo debe aportar os elementos adecuados( mobiliario, iluminación, decoración, ruído, atención...) para que o tempo do xantar sexa moi agradable.😄😋
* É necesario prestar moita atención ao personal colaborador do comedor, que deberá contar cunha directrices claras nas que se indiquen cales son as súas funcións, e ofertarlle recursos que lle permitirán desenvolvelas dun xeito óptimo.👌👏
* O comedor é un recurso didáctico adicional, e complementario do centro en materia de educación para a saúde, e de ensinanza en valores.👍👍
* Contribuír ao coñecemento da cultura e das variedades gastonómicas locais.🍗🍗
Facilitar a identificación da orixe de cada alimento que se presente nos menús, e cales foron as operacións e transformacións que sufríu ata chegar á mesa.🍒🍒
* Constituir unha ferramenta para desenvolver as habilidades individuais e sociais dos cativos.👏👏
sábado, 23 de xullo de 2022
A BOA E A MALA ALIMENTACIÓN
Queremos compartir varios enlaces que nós poden aportar información interesante sobre a necesidade de alimentar ben aos nosos cativos.
Hoxe queremos compartir, coas nosas familias, algunhas curiosidades que nós axudarán a entender porque é bo comer determinados alimentos, e que poderán concienciarnos da necesidade de introducir cambios nos nosos hábitos de alimentación.
1. Non debemos tirar o líquido do iogur:
Moitas persoas tiran o líquido do iogur, no comedor escolar explicámoslles aos nosos cativos que e iso é un gran erro, xa que o seu achegue
en proteínas é moi grande. De feito estamos tirando unha gran
cantidade de auga, sales minerais, calcio e fósforo que lle poderían
facer moito ben ao noso organismo.
2. O sushi debería
ser o noso prato favorito:
Consumir peixe cru é unha opción moi saudable para o noso
organismo xa que lle estamos achegando as vitaminas e propiedades que
se perden ao cociñar o peixe.
3. As pebidas de
sandía deben de comerse:
Si, cómense e de
feito son unha gran fonte de fibra, magnesio, zinc, proteínas vexetais, entre moitos máis beneficios. Polo que no comedor sempre animamos aos nenos a probalas.
4. Os alimentos
poden axudar a durmir:
Existen alimentos
que axudan a descansar. Algúns como os lácteos ou os cereais
integrais, son ricos en triptófano polo que axudarán a potenciar
a melatonina.
5. Comer a modo
axuda a ser máis feliz:
Ademais de axudar
a facer mellor as dixestións, tamén axudará a combater a tensión,
e por tanto a ter unha vida máis feliz.
Este é un dos motivos polos que no comedor lle pedimos aos nenos que mastiguen con calma, e que coman a modiño.
6. O vermello é o mellor aliado antiidade:
A cor avermellada
das froitas e verduras débese ao licopeno, un poderoso antioxidante
que axuda a previr o envellecemento celular.
7. Os tomates é mellor cociñalos:
Aínda que a maioría
dos alimentos perden as súas propiedades ao ser quentados ou
cociñados, os expertos demostraron que ao quentar os tomates
intensificamos o licopeno (un gran antioxidante) contido neles, polo
que se converten nun alimento aínda máis saudable que se estivesen sen cociñar.
8. Moitas veces
confundimos a sede coa fame:
Moitas persoas
confunden estes conceptos. De feito a sensación de sede adoita
conducirnos a comer máis, por iso é importante tomar un vaso de
auga antes das comidas para controlarnos e comer verdadeiramente o
que necesitamos.
luns, 18 de xullo de 2022
COMO CONSEGUIR QUE OS NENOS QUEIRAN QUEDAR NO COMEDOR ESCOLAR
Tanto o persoal que colabora no comedor como as familias a miúdo preguntámonos que podemos facer para que o neno vexa o comedor como un sitio agradable, no que vai aprender a alimentarse, e a coidar do seu corpo, á vez que poderá divertirse cos seus compañeiros.
Quedar ao comedor escolar é algo que fan moitos nenos de todas as idades, pero poida que tras períodos de vacacións (como agora tras o verán), ou cando os nenos son pequenos, e acoden por primeira vez, lles resulte máis complicado adaptarse.
O comedor escolar é unha boa solución para que os nenos poidan comer unha dieta sa e equilibrada sen a necesidade de ter que cambiar a rutina até a saída do colexio.
O problema está cando os nenos son moi pequenos, e aínda non están afeitos, ou cando o neno ou a nena non desexa precisamente volver a unha rutina escolar que xa estaba establecida pero que se rompeu por «culpa» das vacacións.
A eses problemas podemos sumarlle outros, xa que temos algúns nenos que se negan a probar determinados alimentos, en especial froitas e verduras, e no comedor escolar van ter que comer de todo.
É por iso temos algúns cativos que adoitan enfadarse, ou mesmo chorar antes de vir ao colexio, pensando no que van comer ao mediodía.
Nestes casos as familias deben intentar tranquilizalos, e facerlles ver o positivo que ten o feito de comer na escola.
Unha das primeiras cousas que podemos facer é explicarlles aos nenos (en especial se é a primeira vez que veñen ao comedor) que van poder estar máis tempo cos seus amigos da escola, e que terán máis tempo para xogar, xa que ao rematar o xantar, poderá pasar un intre no patio realizando varias actividades con eles.
É moi importante que desde a casa procuremos unha alimentación que, aínda que non ten porque ser o mesmo menú que o do comedor, sexa o máis variada posible.
Deste xeito, podemos afacernos a preparar todo tipo de pratos para a cea alternando a carne co peixe e coas legumes, de modo que o neno poida ver que a variedade está tanto dentro como fóra de casa, e non afacelo a que só cee o que lle gusta.
Tampouco debemos darlle de comer cando chega á casa o que lle guste, se non quixo comer no comedor.
Desde pequenos, os nenos teñen que afacerse a almorzar ben ,e xantar dun xeito equilibrado, mentres que a merenda e a cea debe ser máis lixeira.
Se lle damos unha gran merenda e unha gran cea, afarase a dicir «non» ao que non lle guste no comedor escolar sabendo que logo vai poder comer na casa só o que lle gusta.
Por suposto, pola noite debemos tentar que vaian probando gradualmente unha pequena cantidade de alimentos, e aumentando gradualmente as doses.
Dende a escola farémoslle chegar ás familias o menú mensual cos diferentes pratos, para que saiban que comeron os nenos ao mediodía, e deste xeito poder preparar para a noite o que non comeron no colexio.
En calquera caso, é bo explicarlles, de maneira tranquila e sen transmitir preocupación, que teñen que alimentarse ben na escola, porque se non o fan a mente e o corpo non poden recargarse despois das horas dedicadas ao traballo, e poderían atoparse mal.
Tamén lle debemos explicar que na escola aprenderán a coidar do seu corpo, e a medrar sans e fortes.
Por último podemos facer 2 cousas que funcionan bastante ben para motivar, e animar aos nenos a comer no comedor escolar.
Por unha banda, e para nenos que van por primeira vez ao comedor é mellor deixalos só algúns días ao comezo para que se vaia afacendo (quizais elixir os días nos que saibamos que o menú lles vai a gustar).
E doutra banda, e para os nenos que teñen que quedar todo o curso, podemos marcar os días do menú nos que aparecen os alimentos que lles gustan. Isto tamén é recomendable facelo nas aulas. Deste xeito poderase motivar para que chegue o día no que por fin vai comer eses macarróns que están tan ricos, ou esas patacas fritas, ou a lasaña , ou ese xeado que son algúns dos seus alimentos preferidos; deixando pasar o resto de días sen que apenas os note.
Trataríase de seleccionar os días que lle gusta o menú, e falarlles máis deses pratos ca dos días que hai algo que non lles gusta.
xoves, 7 de xullo de 2022
RECURSOS PARA ENSINAR A COMER
E relacionado coa boa alimentación temos un dos temas máis escoitados este verán:
FAVORECENDO A AUTONOMÍA
Se lle damos todo feito aos cativos serán incapaces de desenvolverse por si mesmos cando non esteamos.
Educalos para ser persoas autónomas é facerlles un agasallo para sempre.
Como conseguilo?
Ademais de respectar a súa autonomía persoal desde que son bebés, debemos ir prestando atención ás diferentes necesidades que van xurdindo en cada fase e fomentando a autonomía no día a día.
Deixalos comer sós será moi importante. Dende que son capaces de sentarse mantendo as costas rectas, tamén o son de manipular alimentos e levalos á boca sen a axuda dun adulto.
Comer coas mans é un bo primeiro paso para favorecer a súa autonomía e facilita que, máis adiante, sexan capaces de manexar os garfos e as culleres.
Será necesario que teñamos paciencia para que poidan comer ao seu ritmo, sen meterlles présa.
Hai alimentos e comidas que facilitan o agarre coas mans (como un bocadillo ou unha peza de froita), en tanto outros requiren concentración e práctica.
Debemos evitar as présas excesivas e respectar os diferentes ritmos de cada neno.
Os fracasos do neno son mostra do seu nivel de desenvolvemento actual, como evidencia de que necesita máis apoio e estimulación, e tal vez outras estratexias de ensino e relación.
Normas xerais a ter en conta:
Ser regulares en horarios e tempos, sen chegar á rixidez.
Respectar os ritmos de maduración infantil.
Ofertar modelos adecuados.
Fomentar a autonomía, e aproveitar situacións da vida cotiá para realizar aprendizaxes.
Aplaudir os éxitos por pequenos que sexan.
Manter continuidade nas pautas .
Hábitos de alimentación:
O neno debe aprender que é o momento para comer, para iso debemos crear certas condicións "ideais":
* Comer sempre á mesma hora e no lugar apropiado para iso (cociña, comedor).
* Reducir fontes de distracción (xoguetes, TV) .
* É moi importante que o neno coma ao mesmo tempo que o resto da familia, facendo do momento da comida unha situación agradable para todos e proporcionando modelos adecuados para o neno.
* A alimentación debe ser equilibrada e variada (froita, verdura, legumes, peixe, carne, leite, ovos)
.
* Os alimentos deben ser naturais, evitando o consumo excesivo de doces.
* Incorporar progresivamente novos alimentos e texturas na súa dieta, favorecendo a mastigación.
* Afacelos a terminar a comida que lle pomos, respectando a cantidade que o neno necesita.
* O neno debe beber no vaso (xa non necesita o biberón nin o chupete, fano sentir máis pequeno e son prexudiciais para a súa boca).
Debemos favorecer a autonomía na casa afacendo ao neno a:
* Lavar as mans antes e despois de comer.
* Lavar os dentes despois de comer.
* Axudar a pór e quitar a mesa.
* Utilizar correctamente culler, garfos e panos.
* Acostumalos a pedir as cousas por favor, e a dar as grazas.
* Respectar aos demais mentres comen.
Todo isto debemos facelo de forma constante, porque as rutinas proporcionan orde, seguridade e confianza.
É fundamental manter unha actitude comprensiva, tranquila, estimulante e constante.
A familia debe intercambiar información coa persoa encargada do comedor para que todos vaiamos na mesma dirección.
E como todo non van ser avances e acertos, hai que relativizar os erros dos nenos e valorar o esforzo, xa que o esforzo é un valor fundamental para todas as persoas e para os seus futuros logros.
martes, 5 de xullo de 2022
OS NENOS E A SÚA RELACIÓN COA COMIDA
A alimentación infantil é na súa maior parte educacional e emocional.
Hai que empezar a traballar este
vínculo coa comida desde a casa para que funcione fóra dela.
Para os cativos a comida é unha
maneira de vincularse coa contorna.
A boa relación coa comida dálles
seguridade, e fainos sentir autónomos.
É moi importante centrarse en
como reacciona o neno á hora de comer ,
como se comporta na mesa, para ver que pautas lle podemos dar para enfrontar unha situación que lle pode
resultar difícil.
Non debemos insistir en que lle teñen que gustar todos os peixes, e
todas as verduras , xa que igual que pasa cos adultos iso é unha tarefa
imposible.
Debemos de animalos a probar
sabores diferentes, e explicarlles porque necesitan comer variado.
COMO PODEMOS PREPARALOS NA FAMILIA PARA QUE O COMEDOR ESCOLAR SEXA UNHA
EXPERIENCIA POSITIVA
O noso obxectivo ante o comedor
escolar ten que ser fomentar oenfrontamento a situacións
difíciles dun xeito divertido e positivo.
Pero para iso é necesario un
traballo previo que ten que facerse na casa.
·Na casa temos que facer polo menos unha
comida en familia, sen distraccións.
·Nesta comida o adulto ten que ser un bo
exemplo, tanto do que come, como da maneira na que se desenvolve na mesa.
Sentarse ben, comer froita, peixe e verdura; usar panos, pedir as cousas por
favor, dar as grazas…son hábitos que o neno debería de aprender na familia.
·Fomentar a autonomía, de maneira que cando o neno
chegue ao comedor escolar sexa capaz de comer sen axuda será fundamental.
·Ser creativos para que os cativos teñan
gañas de probar novos alimentos. Axudar a cociñar e a comprar os alimentos.
Axudar a preparar unha sobremesa, levalo á compra e que sexa el quen elixa as
verduras, ou servir a comida de forma atractiva no prato son algúns exemplos.
·Hai nenos que necesitan menos cantidade
de alimento, polo que debemos tentar normalizar estas situacións e pór menos
cantidade no prato para que eles sintan que puideron comelo, sempre poden
repetir.
·Non teño: non ofrezo. Comprar os mínimos
doces e lambetadas.
SELECCIONAR MOI BEN OS REFORZOS POSITIVOS
Non se pode suplir que non
probase bocado á hora do comedor con que teña que darlle para merendar
chocolate ou algo que lle gusta, para que polo menos coma algo.
·Darlle moita importancia a cada pequeno éxito dos
vosos fillos na comida, e minimizar os fracasos, para que poidan ver a
diferenza entre facer as cousas ben e mal coa comida, pero sen dramatizar
situacións, e non converter eses momentos
en algo desagradable.
·O
fundamental é que sintan que lograron pequenos cambios positivos, para que
teñan ganas de repetilos e esforzarse por facelo ben: motivación.
·Os nenos non son bos nin malos porque se
alimenten ou non de forma correcta, hai que facer unha distinción entre afecto
e conduta alimentaria para que non desenvolvan problemas de ansiedade.
Coidado coas frases: Es malo porque non comes ; es un neno pequeno
porque non comiches todo no comedor, vas
volver á gardería porque non comes... Xa que poden xerarlle medo e
inseguridade.
COA COMIDA NON SE NEGOCIA
Nunca se debe negociar coa comida,
nin como premio nin como castigo.
Podemos negociar e buscar
consecuencias co comportamento do neno no comedor, pero non co feito de que
coma mellor ou peor.
DAR ESTRATEXIAS
Os nenos non nacen sabendo. Por iso
é necesario que na casa lle faledes aos cativos de como teñen que comportarse no comedor, pero
sempre de forma positiva.
Darlles estratexias para que saiban que poden facer cando algo non lles gusta é moito máis
efectivo que repetirlles continuamente o que non teñen que facer