luns, 26 de decembro de 2022

        VISITA  DAS SÚAS MAXESTADES

        OS REIS MAGOS DE ORIENTE

 O xoves 22 de decembro foi un día especial no noso centro. Tivemos visitas moi agradables.

Viñeron desexarnos un bo Nadal ex alumnos/as do centro.

Foi un xesto moi agradable que lles agradecemos a Uxía, Adela, Xiana, Meli , Aitana, Adrián e Rudi.



Acompañando aos ex alumnos chegaron os Reis Magos para visitar o comedor escolar, falar e xantar cos  cativos,  e agradecerlles aos colaboradores e colaboradoras e ao equipo de cociña, o seu esforzo e implicación para que este servizo funcione ben.


Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron  a ocasión para escoitar aos "peques",  atender as súas peticións...


                                 ... e repartir apertas agarimosas.


                               Rubén, Mateo  e Matías falaron moito co Rei Gaspar.


         Melchor escoitou con moito interese a Izan, ata semella que

         se  fixeron amiguiños.


                    Cal sería o segredo que lle estaba   contando Melchor a Xema? 

                          Por máis que lles preguntamos ningún nolo quixo dicir.

 

 As súas maxestades tiveron a oportunidade de comprobar o ben que se portan no comedor escolar Zoé, Martina, Brais e Kilian.


                       Gaspar, e o noso camelo especial quixeron facer unha foto

                       con Alex   e con  Caûe.

  Xabi estivo moi atento aos consellos que lle deu este  sabio de Oriente.

       E para consellos Melchor... que ata nós falou de menús saudables.



Samantha e Sebas aproveitaron  para pedir un agasallo para eles, e outro para os seus pais, Leonor e José Luis.

    Melchor quixo saber da evolución destes nenos no comedor, para elo  contou coa información que lle puido facilitar Verónica.

Mauro Yáñez e Brais decidiron firmar a paz diante de Verónica e dos Reis Magos.

  Polo que  esta vez podemos afirmar que  será unha paz moi duradeira.

Arale , Iris e Narel alá foron correndo para informar aos sabios dos seus logros ao longo do curso no comedor escolar. 

                            Seguro que Iris lles contou que xa come a leituga.

Elián e Adrián déronse unha aperta para lembrar os vellos tempos. Sobran as verbas vendo estas caras de felicidade  para explicar o que sentiron.

Non sabemos se Kilian  pedíu algún agasallo para Gabriel. O que si sabemos é que el  fíxolles un  agasallo marabilloso as súas maxestades, o  sorriso que namora aos que o coñecemos.

Alicia , Edurne, Thiago e Alba  seguro que reciben de mans dos sabios de Oriente todo o que desexan,  porque máis boíños non se pode ser.

Carliña dille a Melchor que Arón xa lle escribíu a carta, e Samantha acaba de lembrarse  que ela aínda non a rematou.

  Alejandro quería unha foto de familia, e viñeron Nico, Irene, Lucas, Cibrán, Mateo, Sheila e Leo.

Así de felices  estaban Cecilia e Yeray, será que se portaron moi ben ao longo de todo o ano e saben que terán unha boa recompensa.

 Sonia, Alejandro e Sofía simpatizaron rápidamente  co rei Gaspar. A el encantoulle falar con esta familia.

                                  No patio houbo que comezar a despedirse...


       e a Noor non lle gustou moito que  se tiveran que marchar.

     Melchor falou con Antón para darlle a noraboa porque sabe que é un neno moi responsable que sempre está pendente das súas irmáns Erea e Xulia.



                 Irene, Nicolás, Lucas Mateo, Cibrán e Alejandro contáronlles o ben que  traballaban na clase.


                     Que lle diría o Rei Baltasar a Olalla? Debeu darlle un bo susto!


Este foi o xesto tan cariñoso co que recibiron Candi e Manuel a Gaspar.



              Cibrán e Lucas mostráronse así de satisfeitos cos logros deste trimestre, e coa visita dos sabios de Oriente.

   Sara Paciencia, Luis e Mila axudaron a que o último día de comedor do ano 2022 fora moi agradable.
 Edgar, Ainara a Patricia estaban moi  ledos co camelo e cos Reis.
 E por máis que falaron houbo algunha dúbida que o gran Melchor non foi capaz de resolverlle  a Anxo.

Abraiado quedou Gaspar cando víu as bandexas de Eire e Alexandra! 
Mentrés pensaba no ben que comeran estas nenas apuntouno algo na súa axenda máxica.

                             E cun ata sempre puxémoslle fin á visita. 

                           Graciñas a todos os que a fixestes posible.  




Só queda desexarlles as súas maxestades  co canto de Reis de Neda 
unha boa viaxe cara Belén.
 El Blog de Marcelo: NAVIDAD Y EPIFANIA SEGÚN FANO: Imágenes ...

luns, 28 de novembro de 2022

          BUSCAMOS XENTE CON MANDIL

   A base da educación na igualdade está na formación dunha actitude crítica desde a infancia. Non debemos infravalorar esta etapa, xa que dende o nacemento constitúese a identidade de xénero da persoa, establecendo a base dende a que se desenvolverá a personalidade do individuo e os seus valores.

   A  mellor forma de fomentar a igualdade é practicar co exemplo. De nada serve promover o rexeitamento á discriminación de xénero con actividades socio educativas puntuais  se no día a día non nós esforzamos en transmitilo,  cos nosos valores e coas nosas actitudes.          

   A realización de dinámicas coeducativas e de fomento da igualdade  non debe ser unha actividade puntual. Debe formar parte da rutina diaria.

   O comedor escolar é o escenario perfecto para practicar a igualdade, e fomentar a corresponsabilidade doméstica.

   Cooperar no comedor soe ser algo atractivo para os nenos e para as nenas,  por iso queremos animalos a que veñan co seu mandil dispostos a botar unha man en tarefas concretas:  repartir pan e auga, recoller as cestas dos garfos e das culleres, repartir panos e animar aos máis cativos a probar novos sabores.

   Participar é  ben sinxelo!  Escribe unha frase pola igualdade no teu mandil, ou fai un debuxo, e pono cando acabes de xantar para axudarnos.  Desta maneira demostrarás  o que podes facer ti   por unha educación integral,  ao marxe do fenómeno masculino ou feminino.        




venres, 28 de outubro de 2022

                                MENUDA SORPRESA!

As nosas cativas ,e os nosos cativos quedaron impresionados ao entrar ao comedor e ver ás colaboradoras e aos colaboradores caracterizados desta maneira:






















 


 

Pedro chegou a dubidar e non saber que sería mellor, entrar  ou non entrar hoxe ao comedor...



xoves, 25 de agosto de 2022

                                                           ECO -COMEDOR

 

 Este ano, dende o comedor escolar,  queremos participar no proxecto integral do centro : "LIXEIROS DE EQUIPAXE", creando hábitos saudables na familia e na comunidade educativa, e promovendo o uso sostible de recursos ao minimizar o impacto da alimentación no medio ambiental.

Estamos convencido de que a alimentación sostible é un paso máis  contra o cambio climático.

Para a elaboración dos menús teremos en conta o seguinte:

1. Canta maior variedade de alimentos exista na dieta, maior será a garantía de que a alimentación está sendo equilibrada, e de que contén os nutrientes necesarios.

2. As graxas non deben superar o 30% da inxesta diaria, debendo reducir o consumo de graxas saturadas e ácidos graxos trans.

3. Debese incrementar a inxesta diaria de froitas, verduras e hortalizas. Consumir, como mínimo, 5 racións diarias.

4. Suprimir, ou moderar, o consumo de alimentos ricos en azucre.

5. Reducir o consumo de sal, menos de 5 gr o día.

6. Comer menos carne vermella.

7. Aumentar o consumo de proteínas de orixe vexetal.

8 . Usar aceite de oliva.

9. Mercar alimentos  de proximidade.

10. Promocionar alimentos ecolóxicos, frescos e de temporada.

11. Non empregar alimentos conxelados.

As actividades do noso proxecto están centradas en 4 eixos<.

1. ALIMENTACIÓN SAUDABLE E SOSTIBLE:

Eco-comedor escolar no que empregaremos alimentos de proximidade, ecolóxicos, e de calidade.

2. PROPOSTAS PARA A INCORPORACIÓN DE HÁBITOS NA FAMILIA:

Intentaremos traballar en equipo con todos os membros da comunidade educativa, para educarmos nos mesmos hábitos sostibles e saudables.

3. DIFUSIÓN-PARTICIPACIÓN E COMUNICACIÓN:

Compartiremos, a través deste blog, artigos,  receitas, consellos...

MENÚ SAUDABLES E SOSTIBLES

ALIMENTACIÓN SOSTIBLE

 4. ACTIVIDADE FÍSICA :

Promovida a través de diferentes actividades e materias dende a nosa escola.

 

 

 

domingo, 31 de xullo de 2022

FUNCIÓNS DO COMEDOR ESCOLAR🍎

  1. * Proporcionar unha alimentación de calidade, adaptada ás necesidades, e ás características dos usuarios. Isto inclúe consideracións culinarias e nutricionais, relativas ao aspecto e á presentación dos menús.🍆
  2. * Coñecer e valorar as apetencias, e as aversións dos cativos aos diferentes alimentos, e intentar avanzar partindo da situación real de cada neno, e de cada nena.🍇
  3.  * Destacar a presenza de alimentos de tempada, especialmente no que respecta a froitas e a hortalizas.🍌
  4.  * Adaptar  as receitas ás diferentes épocas do ano.🍍
  5. * O espazo debe aportar os elementos adecuados( mobiliario, iluminación, decoración, ruído, atención...) para que o tempo do xantar sexa moi agradable.😄😋
  6. *  É necesario prestar moita atención ao personal colaborador  do comedor, que deberá contar cunha directrices claras nas que se indiquen cales son as súas funcións, e ofertarlle  recursos que lle permitirán desenvolvelas dun xeito óptimo.👌👏
  7. * O comedor é un recurso didáctico adicional, e complementario do centro en materia de educación para a saúde, e de ensinanza en valores.👍👍
  8. * Contribuír ao coñecemento da cultura e das variedades gastonómicas locais.🍗🍗
  9. Facilitar a identificación da orixe de cada alimento que se presente nos menús, e cales foron as operacións e transformacións que sufríu ata chegar á mesa.🍒🍒
  10. * Constituir unha ferramenta para desenvolver as habilidades individuais e sociais dos cativos.👏👏


sábado, 23 de xullo de 2022

 A BOA E A MALA ALIMENTACIÓN

 

Queremos compartir varios enlaces que nós poden  aportar información interesante sobre a necesidade de alimentar ben aos nosos cativos.

 

1. O QUE DEBEN E NON DEBEN COMER AS NENAS E OS NENOS

 

2. OBESIDADE INFANTIL

 

3.CONSELLOS PARA EVITAR O SOBREPESO INFANTIL

 

 

 

 

mércores, 20 de xullo de 2022

DATOS CURIOSOS SOBRE ALIMENTACIÓN

   Hoxe queremos compartir, coas nosas familias, algunhas curiosidades que nós axudarán a entender porque é bo comer determinados alimentos, e que poderán  concienciarnos da necesidade de introducir cambios nos nosos hábitos de alimentación.

1. Non debemos tirar  o líquido do iogur:

   Moitas persoas tiran o líquido do iogur, no comedor escolar explicámoslles aos nosos cativos que  e iso é un gran erro, xa que o seu achegue en proteínas é moi grande. De feito estamos  tirando  unha gran cantidade de auga, sales minerais, calcio e fósforo que lle poderían facer moito ben ao noso organismo.


 

2. O sushi debería ser o noso prato favorito:

   Consumir peixe cru  é unha opción moi saudable para o noso organismo xa que lle estamos achegando as vitaminas e propiedades que se perden ao cociñar o peixe.


3. As pebidas de sandía deben de comerse:

   Si, cómense e de feito son unha gran fonte de fibra, magnesio, zinc, proteínas vexetais, entre moitos máis beneficios. Polo que  no comedor sempre animamos aos nenos a probalas.


4. Os alimentos poden axudar a durmir:

   Existen alimentos que axudan a descansar. Algúns como os lácteos ou os cereais integrais, son ricos en triptófano polo que axudarán a potenciar a melatonina.


 

5. Comer a modo axuda a ser máis feliz:

   Ademais de axudar a facer mellor as dixestións, tamén axudará a combater a tensión, e por tanto a ter unha vida máis feliz. 

Este é un dos motivos polos que no comedor lle pedimos aos nenos que mastiguen con calma, e que coman a modiño.


 

6. O vermello é o mellor aliado antiidade:

   A cor avermellada das froitas e verduras débese ao licopeno, un poderoso antioxidante que  axuda a previr o envellecemento celular. 


 

 7. Os tomates é mellor  cociñalos:

   Aínda que a maioría dos alimentos perden as súas propiedades ao ser quentados ou cociñados, os expertos demostraron que ao quentar os tomates intensificamos o licopeno (un gran antioxidante) contido neles, polo que se converten nun alimento aínda máis saudable que se estivesen sen cociñar. 


 

8. Moitas veces confundimos a sede coa fame:

   Moitas persoas confunden estes  conceptos. De feito a sensación de sede adoita conducirnos a comer máis, por iso é importante tomar un vaso de auga antes das comidas para controlarnos e comer verdadeiramente o que necesitamos.