martes, 28 de marzo de 2023

 O CALDO DO ALBINO

Entre os pratos do noso comedor destaca o tradicional "caldo do Albino"  feito coas verzas da horta escolar.

 O noso cociñeiro Alfonso, ao rematar o xantar, seguirá nomeando  comendadores do caldo aos cativos que se comprometan a:


1.  Falar ben do caldo.

2. Comer caldo alomenos unha vez ao mes.

3. Plantar e coidar as verzas da horta escolar.

 

BENVIDOS AO NOSO " XANTAR DE GALA" 

 

 


 

  •  Rematamos o segundo trimestre acadando a maioría dos obxectivos establecidos para o comedor escolar. 
  • Son moitos os nenos e as nenas que xa son capaces de desenvolver hábitos saudables, axudando a que o comedor sexa un espazo educativo, e que o xantar se converta nun momento moi agradable.

  •  
  •  Para celebrar que os nosos cativos son capaces de: gozar comendo, coidar a súa saúde, cooperar nas tarefas do comedor, e probar todos os pratos do menú, convidamos aos nosos comensais a un "xantar de gala", no que cada día os membros dun grupo terán a ocasión de comer nunha mesa especial, na que practicarán todo o que levamos aprendido ao longo do curso a nivel de hábitos saudables, e de normas que nós axudan a relacionarnos cos demais dunha maneira correcta. 


 

sábado, 25 de febreiro de 2023

 BENVIDOS !

Queremos darlles a benvida ao comedor a Luz e a Manuel.



 

Hoxe quedaron a xantar por primeira vez, estiveron moi ledos e fixeron novos amiguiños.

martes, 21 de febreiro de 2023

                       CALDO DE GLORIA

 

A Fundación Rosalia de Castro volve poñer en marcha este ano , no aniversario de Rosalía o "Caldo de Gloria", unha iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un caldo humilde,e no que se relata a épica diaria da supervivencia. 

Na nosa escola queremos unirnos outro ano máis a esta iniciativa, polo que logo de ler, e recitar  o poema nas aulas, degustaremos no comedor este rico caldo.

 

    A nosa colaboradora Candi xa ten o seu mandil preparado.

 Que ben lle quedou!




 

Ao rematar o xantar o noso cociñeiro, Alfonso, nomeará comendarores do  "Caldo de Gloria" aos cativos,  e ás cativas que estean dispostos a: falar ben do caldo, comer caldo alomenos unha vez ao mes e coidar as verzas da horta escolar, entregándolles  os  diplomas correspondentes.

 
 


 

Ese día os nenos, e as nenas que queiran axudar no comedor a servir o caldo levarán un mandil con frases ou refráns relacionados con este prato.


 






 O ENTROIDO MOVE O CORPO 💃

  Vimos de gozar dunha semana moi divertida, chea de sorpresas e de ritmo porque, como di Paco Nogueiras " o entroido move o corpo" e a imaxinación...

 https://www.youtube.com/watch?v=_bhtrCngkhg 

 O luns apareceron  2 cociñeiros novos .

 Alfonso estaba moi contento, e a piques estivo de polos a facer orellas de entroido.


 Durante toda a semana o profe Santi organizou unhas entradas moi divertidas no comedor, con moito ritmo e bos sorrisos comezamos a xantar.









                   

                          GRACIÑAS PROFES POLA VOSA AXUDA!!!

                                 MANS PARA AXUDAR   👌 👍 

 Temos que darlles as grazas ás nenas,e aos nenos que cada día no comedor está dispostos a poñer o mandil  para axudarlles   aos máis cativos, porque a responsables e solidarios a:  Mateo, Tibor, Olivia, Irene, Ainara, Lucas,  Manuel e Nair  non hai quen lles gañe!












domingo, 29 de xaneiro de 2023

👌 OS GRANDES LOGROS DEPENDEN DE MOTAS MANS



Comezamos a semana  da paz, cunha actividade que lle oferta aos nosos nenos, e ás nosas nenas, a posibilidade de ser  os  encargados de desenvolver  varias tarefas no comedor,  para fomentar a cooperación a responsabilidade e a igualdade.

En cada zona poderán  repartir o pan,  a auga, os iogures,  e   "coidar o silencio". Estamos convencidos de que a implicación dos nenos e das nenas será moi favorable para fomentar a igualdade na nosa escola.


 

 

 

 

 


















luns, 26 de decembro de 2022

        VISITA  DAS SÚAS MAXESTADES

        OS REIS MAGOS DE ORIENTE

 O xoves 22 de decembro foi un día especial no noso centro. Tivemos visitas moi agradables.

Viñeron desexarnos un bo Nadal ex alumnos/as do centro.

Foi un xesto moi agradable que lles agradecemos a Uxía, Adela, Xiana, Meli , Aitana, Adrián e Rudi.



Acompañando aos ex alumnos chegaron os Reis Magos para visitar o comedor escolar, falar e xantar cos  cativos,  e agradecerlles aos colaboradores e colaboradoras e ao equipo de cociña, o seu esforzo e implicación para que este servizo funcione ben.


Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron  a ocasión para escoitar aos "peques",  atender as súas peticións...


                                 ... e repartir apertas agarimosas.


                               Rubén, Mateo  e Matías falaron moito co Rei Gaspar.


         Melchor escoitou con moito interese a Izan, ata semella que

         se  fixeron amiguiños.


                    Cal sería o segredo que lle estaba   contando Melchor a Xema? 

                          Por máis que lles preguntamos ningún nolo quixo dicir.

 

 As súas maxestades tiveron a oportunidade de comprobar o ben que se portan no comedor escolar Zoé, Martina, Brais e Kilian.


                       Gaspar, e o noso camelo especial quixeron facer unha foto

                       con Alex   e con  Caûe.

  Xabi estivo moi atento aos consellos que lle deu este  sabio de Oriente.

       E para consellos Melchor... que ata nós falou de menús saudables.



Samantha e Sebas aproveitaron  para pedir un agasallo para eles, e outro para os seus pais, Leonor e José Luis.

    Melchor quixo saber da evolución destes nenos no comedor, para elo  contou coa información que lle puido facilitar Verónica.

Mauro Yáñez e Brais decidiron firmar a paz diante de Verónica e dos Reis Magos.

  Polo que  esta vez podemos afirmar que  será unha paz moi duradeira.

Arale , Iris e Narel alá foron correndo para informar aos sabios dos seus logros ao longo do curso no comedor escolar. 

                            Seguro que Iris lles contou que xa come a leituga.

Elián e Adrián déronse unha aperta para lembrar os vellos tempos. Sobran as verbas vendo estas caras de felicidade  para explicar o que sentiron.

Non sabemos se Kilian  pedíu algún agasallo para Gabriel. O que si sabemos é que el  fíxolles un  agasallo marabilloso as súas maxestades, o  sorriso que namora aos que o coñecemos.

Alicia , Edurne, Thiago e Alba  seguro que reciben de mans dos sabios de Oriente todo o que desexan,  porque máis boíños non se pode ser.

Carliña dille a Melchor que Arón xa lle escribíu a carta, e Samantha acaba de lembrarse  que ela aínda non a rematou.

  Alejandro quería unha foto de familia, e viñeron Nico, Irene, Lucas, Cibrán, Mateo, Sheila e Leo.

Así de felices  estaban Cecilia e Yeray, será que se portaron moi ben ao longo de todo o ano e saben que terán unha boa recompensa.

 Sonia, Alejandro e Sofía simpatizaron rápidamente  co rei Gaspar. A el encantoulle falar con esta familia.

                                  No patio houbo que comezar a despedirse...


       e a Noor non lle gustou moito que  se tiveran que marchar.

     Melchor falou con Antón para darlle a noraboa porque sabe que é un neno moi responsable que sempre está pendente das súas irmáns Erea e Xulia.



                 Irene, Nicolás, Lucas Mateo, Cibrán e Alejandro contáronlles o ben que  traballaban na clase.


                     Que lle diría o Rei Baltasar a Olalla? Debeu darlle un bo susto!


Este foi o xesto tan cariñoso co que recibiron Candi e Manuel a Gaspar.



              Cibrán e Lucas mostráronse así de satisfeitos cos logros deste trimestre, e coa visita dos sabios de Oriente.

   Sara Paciencia, Luis e Mila axudaron a que o último día de comedor do ano 2022 fora moi agradable.
 Edgar, Ainara a Patricia estaban moi  ledos co camelo e cos Reis.
 E por máis que falaron houbo algunha dúbida que o gran Melchor non foi capaz de resolverlle  a Anxo.

Abraiado quedou Gaspar cando víu as bandexas de Eire e Alexandra! 
Mentrés pensaba no ben que comeran estas nenas apuntouno algo na súa axenda máxica.

                             E cun ata sempre puxémoslle fin á visita. 

                           Graciñas a todos os que a fixestes posible.  




Só queda desexarlles as súas maxestades  co canto de Reis de Neda 
unha boa viaxe cara Belén.
 El Blog de Marcelo: NAVIDAD Y EPIFANIA SEGÚN FANO: Imágenes ...