martes, 4 de marzo de 2025

CALDO DE GLORIA           

A Fundación Rosalía de Castro volveu poñer en marcha este ano o "Caldo de Gloria", unha iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu lar" de Rosalía de Castro.

O noso centro quixo unirse, un ano máis, a esta proposta desenvolvendo varias actividades:

1. Nas aulas lemos, e recitamos, o poema rosaliano no que a poetisa deixa constancia das duras condicións de vida que tiñan que sufrir as mulleres daquela época.

2.  Na horta prantamos verzas e descubrimos os seus  beneficios, propiedades e valor nutricional.

3. E no comedor degustamos un rico caldo feito con fabas, unto, grelos, patacas, carne e un pouco de sal.








             Decoramos o comedor, nomeamos "campións saudables" e  "comendadores do caldo ".


















 

 

Con esta actividade quixemos rendirlle homenaxe a aquelas mulleres que nada tiñan e nada lles daban, e que por enriba da nada eran quen de saír adiante cantando e rezando para pasar a fame e para esquecer o frío.