xoves, 27 de marzo de 2025

                     SEGUIMOS MEDRANDO!

 

Todos os días temos algunha cousiña que celebrar no Fogar de Saudín.

Hoxe estamos moi ledos porque Lía, a pesar da súa curta idade, utiliza correctamente os garfos, os coitelos e as culleres. E proba sabores novos.

Sen dúbida a nosa Lía é unha auténtica campiona saudable.


A Kilian gústalle moito gañar o concurso de "bandexas  limpas".

Polo que esta semana estamos moi orgullosos de Lía e de Kilian.