domingo, 27 de febreiro de 2022


                                           CALDO DE GLORIA

O " Caldo de Gloria" é unha receita típica  de Padrón. Este caldo fíxose famoso grazas a Rosalia de Castro , que no  poema "Miña casiña, meu lar" , do libro Follas Novas , contaba como unha muller chegaba a Padrón dende Santiago de Compostela, cansada , mollada e morta de fame,e a pesar de non ter case ningún alimento na casa,  lograba facer un caldo de gloria.

Logo de traballar cos nosos rapaces o poema nas aulas, e inspirados nel, quixemos homenaxear á gran Rosalia, e a todos os que loitaron e seguen loitando por non morrer de fame, degustando este caldo no comedor escolar.

Temos que agradecer a colaboración da Fundación Rosalia de Castro por mandarnos os mantéis  con este fermoso poema, e a de todas as persoas que colaboraron tanto na decoración do comedor, como no desenvolvemento desta actividade. E destacar a boa actitude dos nenos, e das nenas á hora de traballar o poema, e á de degustar o "Caldo de Gloria".

Tamén lle damos as grazas a Yolanda, compañeira e nai de 2 alumnos, por falarnos desta actividade e animarnos a pola en marcha no noso centro.


















Todo está preparado esperando aos nosos comensais que degustarán este rico caldo.

  



 

 

As nenas e os nenos de segundo, logo de comer o "Caldo de Gloria" fixeron fotos cos mánteis e recitaron varias estrofas do poema.












https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/








 

Que rico estaba este caldo !

 

 


 

 

 

Grazas Manuel por  vir vestido dun xeito tan orixinal para conmemorar o día de  Rosalia.

xoves, 17 de febreiro de 2022

MENUDO EQUIPO!👏👏👏

Unha vez máis temos que agradecer a ilusión coa que cada día chegan ao centro os colaboradores, e as colaboradoras do comedor, sempre dispostos a sacar o mellor de cada neno, con paciencia e con bo humor.
 
Confiando nas posibilidades de cada neno, axudándolle cando o necesitan, explicándolle o importante que é  alimentarse dun xeito saudable, con mensaxes positivas, e con moita calma,  este equipazo consegue que as nenas e os nenos aprendan a coidar da súa saúde, a valorar os menús equilibrados e variados, e a vir contentos ao comedor escolar.

 


A este grupo de persoas. que enchen o noso comedor de ilusión, de paciencia e de momentos divertidos, queremos dedicarlle o poema

  " Educar " de Gabriel Celaya.

Educar

Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca,
hay que medir, pensar, equilibrar,
y poner todo en marcha.
Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino,
un poco de pirata,
un poco de poeta,
y un kilo y medio de paciencia concentrada.

Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que esa barca, ese niño
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.

Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestro propio barco,
en barcos nuevos seguirá nuestra bandera enarbolada.




 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Grazas á colaboración destas persoas vemos como os nosos cativos aprenden a comer, e a valorar a alimentación como fonte de saúde.
Os  colaboradores, e as colaboradoras do comedor, son os encargados de explicarlles aos cativos durante o xantar que os seus hábitos van determinar, en gran medida, o funcionamento do seu  organismo.
E deste xeito aprenden que unha alimentación correcta promove a saúde  física  e mental, e mellora a calidade de vida.