sábado, 25 de xaneiro de 2025

 MEDRANDO XUNTOS

Pasiño a pasiño imos mellorando no noso comedor escolar.

Comezamos o segundo trimestre acadando  moitos dos  obxectivos establecidos no proxecto  " O Fogar de Saudín". 

Os nosos cativos melloraron moito en autonomía, na adquisición de hábitos saudables e de valores relacionados coa cooperación.


De novo convidamos ás familias para darlle a noraboa polos logros dos "seus peques".

Nesta ocasión felicitamos  a Catalina e a Guille. 


 

Os membros do equipo de comedor estamos moi orgullosos deles.

Graciñas á mamá, e ao papá de Catalina e de Guille, por viren ao comedor  para celebrarmos   xuntos  o boísimo comportamento dos seus cativos.

Graciñas tamén  a Cristalina por acompañalos cada día, na aventura de aprender a coidar a saúde adquirindo hábitos saudables  na escola, con ilusión e con entusiasmo.

PARABÉNS CAMPIÓNS SAUDABLES👏