ATA SEMPRE MARCOS
Co fin de curso chegan as despedidas cargadiñas de nostalxia.
No comedor, con moita tristeza, e tamén con moita satisfacción; temos que despedir a un dos cativos que máis evolucionou. Cando Marcos chegou ao comedor non lle gustaban a maioría dos alimentos que formaban parte dos menús saudables, pero desde o primeiro día mostrou unha actitude marabillosa.
Viña ao comedor moi ledo, e mantiña unha relación extraordinadria co persoal de cociña, e cos colaboradores.
O noso querido Marcos destacou pola amabilidade coa que se dirixía aos adultos e aos compañeiros, e polo seu doce sorriso.
Cris, a compañeira que se ocupaba del este ano díxolle : "Vaia oh, agora que comes ben marchas", e como é habitual neste peque, respondeulle co seu mellor sorriso.
Graciñas a Marcos por contaxiar ledicia no fogar de Saudín, e graciñas tamén aos compañeiros , e ás compañeiras que colaboraron para que Marcos mellorara moitísimo comendo, e coñecendo os alimentos saudables para coidar de "cardio".
MOITA SORTE NO NOVO COLE PEQUE!!!