APERTAS CON SABOR A GRATITUDE
Fai uns días tivo que deixarnos Candi, unha das colaboradoras do comedor escolar.
Candi sempre estaba disposta a participar, animar, axudar e celebrar os logros dos nosos cativos.
Coa aperta de Xiana queremos transmitirlle o noso agradecemento, o noso cariño e o noso desexo de que volva pronto.
Hoxe é Neyla a que nos comunica que non vai poder seguir colaborando.
Seguro que os pequenos de 5 anos van botar moito de menos a súa calma, a súa paciencia e o seu interese, para que todos comeran moi ben, e estiveran a gusto no comedor.
Neyla esperamos que algún día volvas.
No fogar de Saudín sempre lembraremos o optimismo, e a ilusión coas que viñades ao centro, e agradeceremos o que fixestes polas nosas nenas, e polos nosos nenos.
GRAZAS !!!!!