sábado, 8 de marzo de 2025

                           CAMPIÓNS SAUDABLES

No Fogar de Saudín estamos moi orgullosos dos nosos cativos e das nosas cativas porque pouco a pouco imos acadando cada un dos obxectivos establecidos:

1.Crear un espazo no que traballemos con ilusión, ensinando a desenvolverse na mesa:






2.Celebrar os logros dos nosos nenos e das nosas nenas.

 









 

 

 

3. Animalos para que se atrevan a probar novos sabores:



 


 


 


 


 


 

 


 


4. E participar nas actividades que organiza o centro:






martes, 4 de marzo de 2025

CALDO DE GLORIA           

A Fundación Rosalía de Castro volveu poñer en marcha este ano o "Caldo de Gloria", unha iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu lar" de Rosalía de Castro.

O noso centro quixo unirse, un ano máis, a esta proposta desenvolvendo varias actividades:

1. Nas aulas lemos, e recitamos, o poema rosaliano no que a poetisa deixa constancia das duras condicións de vida que tiñan que sufrir as mulleres daquela época.

2.  Na horta prantamos verzas e descubrimos os seus  beneficios, propiedades e valor nutricional.

3. E no comedor degustamos un rico caldo feito con fabas, unto, grelos, patacas, carne e un pouco de sal.








             Decoramos o comedor, nomeamos "campións saudables" e  "comendadores do caldo ".


















 

 

Con esta actividade quixemos rendirlle homenaxe a aquelas mulleres que nada tiñan e nada lles daban, e que por enriba da nada eran quen de saír adiante cantando e rezando para pasar a fame e para esquecer o frío.