xoves, 25 de xullo de 2024

                          ATA SEMPRE 💓

 Dicir adeus a miúdo causa tristeza,  pero neste caso non , porque despedirvos é un signo de que vos fixestes maiores.

 Pasaron moitas cousiñas, e  compartimos moitas  vivenzas dende aquel día no que chegastes ao noso cole.😀

Ao longo dos anos aprendestes a esforzarvos, a superar dificultades, a ser solidarios,  a ser máis humanos,e  a ser selectivos co que pode beneficiarvos e co que pode prexudicarvos. 

 Hoxe  un grupiño de  colaboradores e colaboradoras  do comedor escolar estivemos falando  de vós, e quixemos facervos este pequeno agasallo. Estas imaxes nas que vemos como  medrastes  ata chegar a ser o que sodes, un motivo de orgullo para o noso centro.👏

Estaredes para sempre nas mellores  lembranzas de cantos vós coñecemos. E seredes parte do Albino.

Isto non é unha despedida é un ata sempre, é un ola a esa nova aventura que estades a piques de comezar

Dende o Fogar de Saudín desexamos que logredes cada un dos vosos obxectivos e que  en adiante sexades inmensamente felices.💪👌

























































ATA SEMPRE! 
Levades as ferramentas necesarias para emprender un novo camiño.





 



martes, 28 de xuño de 2022

                             BO VERÁN   🍐🍉🍅

Rematamos outro curso agradecéndolles aos colaboradores, e ao persoal de cociña, a implicación, a ledicia, a responsabilidade  e a ilusión coas que desenvolveron as súas tarefas .🍇🍍
 
 


 

 Felicitamos aos nenos, e ás nenas por cada 🍊 un dos seus logros.
👌





E desexamos que pasedes un verán moi saudable!!!

              ATA SEMPRE MARCOS


  Co fin de curso chegan as despedidas cargadiñas de nostalxia.

  No comedor, con moita tristeza, e tamén con moita satisfacción;  temos que despedir a un dos cativos que máis evolucionou. Cando Marcos chegou ao comedor non lle gustaban a maioría  dos  alimentos que formaban parte dos menús saudables, pero desde o primeiro día mostrou unha actitude marabillosa.

  Viña ao comedor moi ledo, e mantiña unha relación extraordinadria co persoal de cociña, e cos colaboradores. 

  O noso querido Marcos destacou pola amabilidade coa que se dirixía aos adultos e aos compañeiros, e polo seu doce sorriso. 


Cris, a compañeira que se ocupaba del este ano díxolle : "Vaia oh, agora que comes ben marchas", e como é habitual neste peque, respondeulle co seu mellor  sorriso.


Graciñas a Marcos por contaxiar ledicia no fogar de Saudín, e graciñas tamén aos compañeiros , e ás compañeiras que colaboraron para que Marcos mellorara moitísimo comendo, e coñecendo os alimentos saudables para coidar de "cardio".

 

 MOITA SORTE NO NOVO COLE PEQUE!!!



                   DA HORTA AO PRATO

As nosas cativas, e os nosos cativos, cultivan na horta do Albino verduras, que comerán no comedor; desta maneira intentamos gozar dunha alimentación moi saudable.

 
Con moito esforzo, e traballamos conseguimos uns ricos repolos, e unhas riquísimas leitugas e cebolas.
 




sábado, 7 de maio de 2022

       APERTAS CON SABOR A GRATITUDE

     Fai uns días tivo que deixarnos Candi, unha das colaboradoras do comedor escolar.

     Candi  sempre estaba disposta a participar, animar, axudar e celebrar os logros dos nosos cativos.

     Coa aperta de Xiana queremos transmitirlle o noso agradecemento, o noso cariño e o noso desexo de que volva pronto.

Hoxe é Neyla a que nos comunica que non vai poder seguir colaborando.

Seguro que os pequenos de 5 anos van botar moito de menos a súa calma, a súa paciencia e o seu interese, para que todos comeran moi ben, e estiveran a gusto no comedor.

                                  Neyla  esperamos  que algún día volvas.


No fogar de Saudín sempre lembraremos o optimismo, e a ilusión coas que viñades ao centro, e agradeceremos o que fixestes polas nosas nenas, e polos nosos nenos.



                              GRAZAS !!!!!

venres, 6 de maio de 2022

Rematamos o trimestre moi ledos, e orgullosos dos nosos cativos, e das nosas cativas, porque melloraron os seus hábitos saudables.









 

Agora xa son capaces de comer máis peixe, máis verduras e máis froita, e de gozar xantando.







 

Foron moitos os cativos, e as cativas, que conseguiron o "diploma saudable", co que queremos darlles a noraboa a eles, e aos colaboradores, polos seus logros relacionados co consumo de menús equilibrados e variados.