sábado, 5 de abril de 2025

                     PASIÑO A PASIÑO

         A modo, con moita paciencia e con moita calma,  as nosas colaboradoras e os nosos colaboradores  conseguiron que Iker probe novos alimentos e que algúns días faga "bandexa limpa".👏👏👏

        Parabéns para Iker e para todos os/as  colaboradores/as  que lle están axudando a alimentarse mellor.👌👌👌



xoves, 27 de marzo de 2025

                     SEGUIMOS MEDRANDO!

 

Todos os días temos algunha cousiña que celebrar no Fogar de Saudín.

Hoxe estamos moi ledos porque Lía, a pesar da súa curta idade, utiliza correctamente os garfos, os coitelos e as culleres. E proba sabores novos.

Sen dúbida a nosa Lía é unha auténtica campiona saudable.


A Kilian gústalle moito gañar o concurso de "bandexas  limpas".

Polo que esta semana estamos moi orgullosos de Lía e de Kilian.


sábado, 8 de marzo de 2025

                           CAMPIÓNS SAUDABLES

No Fogar de Saudín estamos moi orgullosos dos nosos cativos e das nosas cativas porque pouco a pouco imos acadando cada un dos obxectivos establecidos:

1.Crear un espazo no que traballemos con ilusión, ensinando a desenvolverse na mesa:






2.Celebrar os logros dos nosos nenos e das nosas nenas.

 









 

 

 

3. Animalos para que se atrevan a probar novos sabores:



 


 


 


 


 


 

 


 


4. E participar nas actividades que organiza o centro:






martes, 4 de marzo de 2025

CALDO DE GLORIA           

A Fundación Rosalía de Castro volveu poñer en marcha este ano o "Caldo de Gloria", unha iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu lar" de Rosalía de Castro.

O noso centro quixo unirse, un ano máis, a esta proposta desenvolvendo varias actividades:

1. Nas aulas lemos, e recitamos, o poema rosaliano no que a poetisa deixa constancia das duras condicións de vida que tiñan que sufrir as mulleres daquela época.

2.  Na horta prantamos verzas e descubrimos os seus  beneficios, propiedades e valor nutricional.

3. E no comedor degustamos un rico caldo feito con fabas, unto, grelos, patacas, carne e un pouco de sal.








             Decoramos o comedor, nomeamos "campións saudables" e  "comendadores do caldo ".


















 

 

Con esta actividade quixemos rendirlle homenaxe a aquelas mulleres que nada tiñan e nada lles daban, e que por enriba da nada eran quen de saír adiante cantando e rezando para pasar a fame e para esquecer o frío.