BENVIDOS !
Queremos darlles a benvida ao comedor a Luz e a Manuel.
Hoxe quedaron a xantar por primeira vez, estiveron moi ledos e fixeron novos amiguiños.
CALDO DE GLORIA
A Fundación Rosalia de Castro volve poñer en marcha este ano , no aniversario de Rosalía o "Caldo de Gloria", unha iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un caldo humilde,e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
Na nosa escola queremos unirnos outro ano máis a esta iniciativa, polo que logo de ler, e recitar o poema nas aulas, degustaremos no comedor este rico caldo.
A nosa colaboradora Candi xa ten o seu mandil preparado.
Que ben lle quedou!
Ao rematar o xantar o noso cociñeiro, Alfonso, nomeará comendarores do "Caldo de Gloria" aos cativos, e ás cativas que estean dispostos a: falar ben do caldo, comer caldo alomenos unha vez ao mes e coidar as verzas da horta escolar, entregándolles os diplomas correspondentes.
Ese día os nenos, e as nenas que queiran axudar no comedor a servir o caldo levarán un mandil con frases ou refráns relacionados con este prato.
O ENTROIDO MOVE O CORPO 💃
Vimos de gozar dunha semana moi divertida, chea de sorpresas e de ritmo porque, como di Paco Nogueiras " o entroido move o corpo" e a imaxinación...
https://www.youtube.com/watch?v=_bhtrCngkhg
O luns apareceron 2 cociñeiros novos .
Alfonso estaba moi contento, e a piques estivo de polos a facer orellas de entroido.
Durante toda a semana o profe Santi organizou unhas entradas moi divertidas no comedor, con moito ritmo e bos sorrisos comezamos a xantar.
GRACIÑAS PROFES POLA VOSA AXUDA!!!