mércores, 5 de abril de 2023

                             A ECOPATRULLA DO ALBINO

Cando se trata de coidar o medio ambiente Paula, Alba, Nair, e Laura son incansables!

Elas crearon a ecopatrulla do Albino, pouco a pouco foi  aumentando a familia e agora teñen moito traballo.

Os membros da ecopatrulla son os encargados de:  recoller   pilas e tapóns nas aulas, comprobar que as luces do centro na hora do recreo están apagadas, recoller os restos de leituga na cociña e levarllos ás mascotas, coidar os gatos da escola, controlar os composteiros  e recoller o plástico na zona dos parrulos.

Paula é a encargada de recoller os tapóns no comedor.
Aquí podemos vela con "come plástico", a garrafa que reutilizou a profe Mónica para que podamos gardar os tapóns nela, antes de levalos a reciclar. 👌👌


 👏👏Alba, Nair e Laura comezaron esta aventura colocando recolledores de pilas e de tapóns nas clases.


                      E menudo resultado tivemos na primeira semana!!!




 Non se pode contar con mellor equipo!!! 

Se alguén o dubida que llo pregunte as nosas mascotas, que saen todos os días  buscando as súas coidadoras. 

 

 

O galo Marcelo xa as está buscando . Será para que lle dean de comer ?

 Ou tal vez sexa  será para dicirlles os mesmo ca lle temos que dicir nós...


 

GRACIÑAS  NAIR, LAURA, PAULA E CLARA POLO VOSO TRABALLO,E POLA VOSA RESPONSABILIDADE !!!!


                            A REPORTEIRA LAURA

Aquí a tendes todos os días disposta a axudar no comedor, e a averiguar que foi o que máis lles gustou aos seus compañeiros.

 


 

 Por iso a rematar de xantar colle o seu " micrófono das boas novas"  e vai averiguar que foi o máis divertido, ou agradable que lle pasou aos nosos comensais .

 


             A Martina o que máis lle gusta son as actividades que facemos no comedor.



                                              A Paula e a Yeray gústalles moito o menú.



                                          A Iris e a Sabela gústanlle as luras e os macarróns.




luns, 3 de abril de 2023

                                               CELEBRANDO  LOGROS

Rematamos o trimestre observando que  a maioría dos cativos, que acoden a diario ao comedor escolar, melloraron moito.


 

 Agora xa son capaces de probar todos os pratos do menú,  gozar comendo e  repetir aquelo que lles gusta máis. 



Tamén conseguimos controlar o ruído, e manter ao longo do xantar un ton de voz adecuado.

Neste intre podemos afirmar que manexan perfectamente as zonas de relax. 

Ao acabar de comer van a elas, cando se atopan inquedos ou agobiados para xogar, e para intentar relaxarse.

Estamos  moi orgullosos de todos os nenos, e nenas que ao longo do curso están dispostos a axudarnos para que o servizo do comedor sexa educativo.


 


 

Por todo isto celebramos cada día un "xantar de gala", co  que queremos darlles a noraboa e as grazas aos convidados, ao equipo de cociña,  e aos colaboradores e colaboradoras, por axudanos a acadar  os obxectivos do proxecto de comedor.

                       E dispostos para celebrar preparamos as mesas...

                   

                    ...e recibimos aos nosos " comensais de gala"  con moita ledicia.