mércores, 5 de abril de 2023

                             A ECOPATRULLA DO ALBINO

Cando se trata de coidar o medio ambiente Paula, Alba, Nair, e Laura son incansables!

Elas crearon a ecopatrulla do Albino, pouco a pouco foi  aumentando a familia e agora teñen moito traballo.

Os membros da ecopatrulla son os encargados de:  recoller   pilas e tapóns nas aulas, comprobar que as luces do centro na hora do recreo están apagadas, recoller os restos de leituga na cociña e levarllos ás mascotas, coidar os gatos da escola, controlar os composteiros  e recoller o plástico na zona dos parrulos.

Paula é a encargada de recoller os tapóns no comedor.
Aquí podemos vela con "come plástico", a garrafa que reutilizou a profe Mónica para que podamos gardar os tapóns nela, antes de levalos a reciclar. 👌👌


 👏👏Alba, Nair e Laura comezaron esta aventura colocando recolledores de pilas e de tapóns nas clases.


                      E menudo resultado tivemos na primeira semana!!!




 Non se pode contar con mellor equipo!!! 

Se alguén o dubida que llo pregunte as nosas mascotas, que saen todos os días  buscando as súas coidadoras. 

 

 

O galo Marcelo xa as está buscando . Será para que lle dean de comer ?

 Ou tal vez sexa  será para dicirlles os mesmo ca lle temos que dicir nós...


 

GRACIÑAS  NAIR, LAURA, PAULA E CLARA POLO VOSO TRABALLO,E POLA VOSA RESPONSABILIDADE !!!!