PARABÉNS CAMPIÓNS SAUDABLES!!! Queremos darlles as grazas aos nenos, e ás nenas que cooperan cada día no comedor escolar.
Para nós é un pracer convidar ás familias destes cativos ao centro, para comunicarlles que a boísima actitude dos seus fillos, e das súas fillas fai que nós sintamos moi orgullosos deles, e que todo funcione mellor.
GRACIÑAS HUGO POLA TÚA AXUDA, E POLO TEU BOÍSIMO COMPORTAMENTO!
MIL GRAZAS SOFÍA polo teu marabilloso carácter, e pola maneira, tan doce e agradable, na que sempre te dirixes aos membros do equipo do comedor.