martes, 19 de decembro de 2023

 PEQUES MOI SAUDABLES

Rematamos o ano 2023 celebrando os obxectivos acadados no Fogar de Saudín, e agradecendo as visitas das familias que viñeron ao centro para compartir con nós os logros dos seus cativos.

Grazas aos nenos e ás nenas por estar sempre dispostos a mellorar, aos colaboradores pola paciencia e polo entusiasmo cos que entran cada día no comedor escolar, ao equipo de cociña pola súa cooperación e a todos  os membros da comunidade educativa pola súa valiosa axuda.