CELEBRANDO LOGROS
Rematamos o trimestre observando que a maioría dos cativos, que acoden a diario ao comedor escolar, melloraron moito.
Agora xa son capaces de probar todos os pratos do menú, gozar comendo e repetir aquelo que lles gusta máis.
Tamén conseguimos controlar o ruído, e manter ao longo do xantar un ton de voz adecuado.
Neste intre podemos afirmar que manexan perfectamente as zonas de relax.
Ao acabar de comer van a elas, cando se atopan inquedos ou agobiados para xogar, e para intentar relaxarse.
Estamos moi orgullosos de todos os nenos, e nenas que ao longo do curso están dispostos a axudarnos para que o servizo do comedor sexa educativo.
Por todo isto celebramos cada día un "xantar de gala", co que queremos darlles a noraboa e as grazas aos convidados, ao equipo de cociña, e aos colaboradores e colaboradoras, por axudanos a acadar os obxectivos do proxecto de comedor.
E dispostos para celebrar preparamos as mesas...
...e recibimos aos nosos " comensais de gala" con moita ledicia.