SABORES DO MUNDO
Ao longo deste curso desenvolveremos un proxecto moi interesante, que nos permitirá coñecer e valorar diferentes culturas a través dunha " viaxe polo mundo".
Dende o comedor quixemos participar coñecendo, e
degustando, pratos típicos dos diferentes países dos que temos alumnos
matriculados na nosa escola.
Comezamos a nosa viaxe gastronómica en Perú.
En novembro o equipo de cociña, asesorado por Alicia, unha
das nosas colaboradoras, ofertounos pratos tan ricos
como a crema de zapallo, ou o arroz chaufa.
ALFONSO E ALICIA DECIDIRON OS PRATOS PERUANOS QUE MÁIS LLES PODÍAN GUSTAR AOS CATIVOS.
Semella que a Lola lle gusta a cociña peruana.
Tamén decoramos o comedor coas cores da bandeira deste país.
MOITAS GRAZAS ALICIA.
QUE RICA ESTABA A CREMA DE ZAPALLO CON PICATOSTES!😋😋