domingo, 21 de xaneiro de 2024


 SABORES DO MUNDO

Ao longo deste curso desenvolveremos un proxecto moi interesante, que nos permitirá coñecer e valorar diferentes culturas a través dunha " viaxe polo mundo".

 Dende o comedor quixemos  participar coñecendo, e degustando, pratos típicos dos diferentes países dos que temos alumnos matriculados na nosa escola.

Comezamos a nosa viaxe gastronómica en Perú.

 En novembro  o equipo de cociña, asesorado por Alicia, unha das nosas  colaboradoras, ofertounos  pratos tan ricos como a crema  de zapallo, ou o arroz chaufa.

 ALFONSO E ALICIA DECIDIRON OS PRATOS PERUANOS QUE MÁIS LLES PODÍAN GUSTAR AOS CATIVOS.



Semella que a Lola lle gusta a cociña peruana.


Tamén decoramos o comedor coas cores da bandeira deste país.

MOITAS GRAZAS ALICIA.

 

 

QUE RICA ESTABA A CREMA DE ZAPALLO CON PICATOSTES!😋😋