xoves, 25 de agosto de 2022

                                                           ECO -COMEDOR

 

 Este ano, dende o comedor escolar,  queremos participar no proxecto integral do centro : "LIXEIROS DE EQUIPAXE", creando hábitos saudables na familia e na comunidade educativa, e promovendo o uso sostible de recursos ao minimizar o impacto da alimentación no medio ambiental.

Estamos convencido de que a alimentación sostible é un paso máis  contra o cambio climático.

Para a elaboración dos menús teremos en conta o seguinte:

1. Canta maior variedade de alimentos exista na dieta, maior será a garantía de que a alimentación está sendo equilibrada, e de que contén os nutrientes necesarios.

2. As graxas non deben superar o 30% da inxesta diaria, debendo reducir o consumo de graxas saturadas e ácidos graxos trans.

3. Debese incrementar a inxesta diaria de froitas, verduras e hortalizas. Consumir, como mínimo, 5 racións diarias.

4. Suprimir, ou moderar, o consumo de alimentos ricos en azucre.

5. Reducir o consumo de sal, menos de 5 gr o día.

6. Comer menos carne vermella.

7. Aumentar o consumo de proteínas de orixe vexetal.

8 . Usar aceite de oliva.

9. Mercar alimentos  de proximidade.

10. Promocionar alimentos ecolóxicos, frescos e de temporada.

11. Non empregar alimentos conxelados.

As actividades do noso proxecto están centradas en 4 eixos<.

1. ALIMENTACIÓN SAUDABLE E SOSTIBLE:

Eco-comedor escolar no que empregaremos alimentos de proximidade, ecolóxicos, e de calidade.

2. PROPOSTAS PARA A INCORPORACIÓN DE HÁBITOS NA FAMILIA:

Intentaremos traballar en equipo con todos os membros da comunidade educativa, para educarmos nos mesmos hábitos sostibles e saudables.

3. DIFUSIÓN-PARTICIPACIÓN E COMUNICACIÓN:

Compartiremos, a través deste blog, artigos,  receitas, consellos...

MENÚ SAUDABLES E SOSTIBLES

ALIMENTACIÓN SOSTIBLE

 4. ACTIVIDADE FÍSICA :

Promovida a través de diferentes actividades e materias dende a nosa escola.