FUNCIÓNS DO COMEDOR ESCOLAR🍎
- * Proporcionar unha alimentación de calidade, adaptada ás necesidades, e ás características dos usuarios. Isto inclúe consideracións culinarias e nutricionais, relativas ao aspecto e á presentación dos menús.🍆
- * Coñecer e valorar as apetencias, e as aversións dos cativos aos diferentes alimentos, e intentar avanzar partindo da situación real de cada neno, e de cada nena.🍇
- * Destacar a presenza de alimentos de tempada, especialmente no que respecta a froitas e a hortalizas.🍌
- * Adaptar as receitas ás diferentes épocas do ano.🍍
- * O espazo debe aportar os elementos adecuados( mobiliario, iluminación, decoración, ruído, atención...) para que o tempo do xantar sexa moi agradable.😄😋
- * É necesario prestar moita atención ao personal colaborador do comedor, que deberá contar cunha directrices claras nas que se indiquen cales son as súas funcións, e ofertarlle recursos que lle permitirán desenvolvelas dun xeito óptimo.👌👏
- * O comedor é un recurso didáctico adicional, e complementario do centro en materia de educación para a saúde, e de ensinanza en valores.👍👍
- * Contribuír ao coñecemento da cultura e das variedades gastonómicas locais.🍗🍗
- Facilitar a identificación da orixe de cada alimento que se presente nos menús, e cales foron as operacións e transformacións que sufríu ata chegar á mesa.🍒🍒
- * Constituir unha ferramenta para desenvolver as habilidades individuais e sociais dos cativos.👏👏