mércores, 20 de xullo de 2022

DATOS CURIOSOS SOBRE ALIMENTACIÓN

   Hoxe queremos compartir, coas nosas familias, algunhas curiosidades que nós axudarán a entender porque é bo comer determinados alimentos, e que poderán  concienciarnos da necesidade de introducir cambios nos nosos hábitos de alimentación.

1. Non debemos tirar  o líquido do iogur:

   Moitas persoas tiran o líquido do iogur, no comedor escolar explicámoslles aos nosos cativos que  e iso é un gran erro, xa que o seu achegue en proteínas é moi grande. De feito estamos  tirando  unha gran cantidade de auga, sales minerais, calcio e fósforo que lle poderían facer moito ben ao noso organismo.


 

2. O sushi debería ser o noso prato favorito:

   Consumir peixe cru  é unha opción moi saudable para o noso organismo xa que lle estamos achegando as vitaminas e propiedades que se perden ao cociñar o peixe.


3. As pebidas de sandía deben de comerse:

   Si, cómense e de feito son unha gran fonte de fibra, magnesio, zinc, proteínas vexetais, entre moitos máis beneficios. Polo que  no comedor sempre animamos aos nenos a probalas.


4. Os alimentos poden axudar a durmir:

   Existen alimentos que axudan a descansar. Algúns como os lácteos ou os cereais integrais, son ricos en triptófano polo que axudarán a potenciar a melatonina.


 

5. Comer a modo axuda a ser máis feliz:

   Ademais de axudar a facer mellor as dixestións, tamén axudará a combater a tensión, e por tanto a ter unha vida máis feliz. 

Este é un dos motivos polos que no comedor lle pedimos aos nenos que mastiguen con calma, e que coman a modiño.


 

6. O vermello é o mellor aliado antiidade:

   A cor avermellada das froitas e verduras débese ao licopeno, un poderoso antioxidante que  axuda a previr o envellecemento celular. 


 

 7. Os tomates é mellor  cociñalos:

   Aínda que a maioría dos alimentos perden as súas propiedades ao ser quentados ou cociñados, os expertos demostraron que ao quentar os tomates intensificamos o licopeno (un gran antioxidante) contido neles, polo que se converten nun alimento aínda máis saudable que se estivesen sen cociñar. 


 

8. Moitas veces confundimos a sede coa fame:

   Moitas persoas confunden estes  conceptos. De feito a sensación de sede adoita conducirnos a comer máis, por iso é importante tomar un vaso de auga antes das comidas para controlarnos e comer verdadeiramente o que necesitamos.