BUSCAMOS XENTE CON MANDIL
A base da educación na igualdade está na formación dunha actitude crítica desde a infancia. Non debemos infravalorar esta etapa, xa que dende o nacemento constitúese a identidade de xénero da persoa, establecendo a base dende a que se desenvolverá a personalidade do individuo e os seus valores.
A mellor forma de fomentar a igualdade é practicar co exemplo. De nada serve promover o rexeitamento á discriminación de xénero con actividades socio educativas puntuais se no día a día non nós esforzamos en transmitilo, cos nosos valores e coas nosas actitudes.
A realización de dinámicas coeducativas e de fomento da igualdade non debe ser unha actividade puntual. Debe formar parte da rutina diaria.
O comedor escolar é o escenario perfecto para practicar a igualdade, e fomentar a corresponsabilidade doméstica.
Cooperar no comedor soe ser algo atractivo para os nenos e para as nenas, por iso queremos animalos a que veñan co seu mandil dispostos a botar unha man en tarefas concretas: repartir pan e auga, recoller as cestas dos garfos e das culleres, repartir panos e animar aos máis cativos a probar novos sabores.
Participar é ben sinxelo! Escribe unha frase pola igualdade no teu mandil, ou fai un debuxo, e pono cando acabes de xantar para axudarnos. Desta maneira demostrarás o que podes facer ti por unha educación integral, ao marxe do fenómeno masculino ou feminino.