luns, 26 de decembro de 2022

        VISITA  DAS SÚAS MAXESTADES

        OS REIS MAGOS DE ORIENTE

 O xoves 22 de decembro foi un día especial no noso centro. Tivemos visitas moi agradables.

Viñeron desexarnos un bo Nadal ex alumnos/as do centro.

Foi un xesto moi agradable que lles agradecemos a Uxía, Adela, Xiana, Meli , Aitana, Adrián e Rudi.



Acompañando aos ex alumnos chegaron os Reis Magos para visitar o comedor escolar, falar e xantar cos  cativos,  e agradecerlles aos colaboradores e colaboradoras e ao equipo de cociña, o seu esforzo e implicación para que este servizo funcione ben.


Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron  a ocasión para escoitar aos "peques",  atender as súas peticións...


                                 ... e repartir apertas agarimosas.


                               Rubén, Mateo  e Matías falaron moito co Rei Gaspar.


         Melchor escoitou con moito interese a Izan, ata semella que

         se  fixeron amiguiños.


                    Cal sería o segredo que lle estaba   contando Melchor a Xema? 

                          Por máis que lles preguntamos ningún nolo quixo dicir.

 

 As súas maxestades tiveron a oportunidade de comprobar o ben que se portan no comedor escolar Zoé, Martina, Brais e Kilian.


                       Gaspar, e o noso camelo especial quixeron facer unha foto

                       con Alex   e con  Caûe.

  Xabi estivo moi atento aos consellos que lle deu este  sabio de Oriente.

       E para consellos Melchor... que ata nós falou de menús saudables.



Samantha e Sebas aproveitaron  para pedir un agasallo para eles, e outro para os seus pais, Leonor e José Luis.

    Melchor quixo saber da evolución destes nenos no comedor, para elo  contou coa información que lle puido facilitar Verónica.

Mauro Yáñez e Brais decidiron firmar a paz diante de Verónica e dos Reis Magos.

  Polo que  esta vez podemos afirmar que  será unha paz moi duradeira.

Arale , Iris e Narel alá foron correndo para informar aos sabios dos seus logros ao longo do curso no comedor escolar. 

                            Seguro que Iris lles contou que xa come a leituga.

Elián e Adrián déronse unha aperta para lembrar os vellos tempos. Sobran as verbas vendo estas caras de felicidade  para explicar o que sentiron.

Non sabemos se Kilian  pedíu algún agasallo para Gabriel. O que si sabemos é que el  fíxolles un  agasallo marabilloso as súas maxestades, o  sorriso que namora aos que o coñecemos.

Alicia , Edurne, Thiago e Alba  seguro que reciben de mans dos sabios de Oriente todo o que desexan,  porque máis boíños non se pode ser.

Carliña dille a Melchor que Arón xa lle escribíu a carta, e Samantha acaba de lembrarse  que ela aínda non a rematou.

  Alejandro quería unha foto de familia, e viñeron Nico, Irene, Lucas, Cibrán, Mateo, Sheila e Leo.

Así de felices  estaban Cecilia e Yeray, será que se portaron moi ben ao longo de todo o ano e saben que terán unha boa recompensa.

 Sonia, Alejandro e Sofía simpatizaron rápidamente  co rei Gaspar. A el encantoulle falar con esta familia.

                                  No patio houbo que comezar a despedirse...


       e a Noor non lle gustou moito que  se tiveran que marchar.

     Melchor falou con Antón para darlle a noraboa porque sabe que é un neno moi responsable que sempre está pendente das súas irmáns Erea e Xulia.



                 Irene, Nicolás, Lucas Mateo, Cibrán e Alejandro contáronlles o ben que  traballaban na clase.


                     Que lle diría o Rei Baltasar a Olalla? Debeu darlle un bo susto!


Este foi o xesto tan cariñoso co que recibiron Candi e Manuel a Gaspar.



              Cibrán e Lucas mostráronse así de satisfeitos cos logros deste trimestre, e coa visita dos sabios de Oriente.

   Sara Paciencia, Luis e Mila axudaron a que o último día de comedor do ano 2022 fora moi agradable.
 Edgar, Ainara a Patricia estaban moi  ledos co camelo e cos Reis.
 E por máis que falaron houbo algunha dúbida que o gran Melchor non foi capaz de resolverlle  a Anxo.

Abraiado quedou Gaspar cando víu as bandexas de Eire e Alexandra! 
Mentrés pensaba no ben que comeran estas nenas apuntouno algo na súa axenda máxica.

                             E cun ata sempre puxémoslle fin á visita. 

                           Graciñas a todos os que a fixestes posible.  




Só queda desexarlles as súas maxestades  co canto de Reis de Neda 
unha boa viaxe cara Belén.
 El Blog de Marcelo: NAVIDAD Y EPIFANIA SEGÚN FANO: Imágenes ...