martes, 28 de marzo de 2023

BENVIDOS AO NOSO " XANTAR DE GALA" 

 

 


 

  •  Rematamos o segundo trimestre acadando a maioría dos obxectivos establecidos para o comedor escolar. 
  • Son moitos os nenos e as nenas que xa son capaces de desenvolver hábitos saudables, axudando a que o comedor sexa un espazo educativo, e que o xantar se converta nun momento moi agradable.

  •  
  •  Para celebrar que os nosos cativos son capaces de: gozar comendo, coidar a súa saúde, cooperar nas tarefas do comedor, e probar todos os pratos do menú, convidamos aos nosos comensais a un "xantar de gala", no que cada día os membros dun grupo terán a ocasión de comer nunha mesa especial, na que practicarán todo o que levamos aprendido ao longo do curso a nivel de hábitos saudables, e de normas que nós axudan a relacionarnos cos demais dunha maneira correcta.