ALIMENTACIÓN SAUDABLE
É aquela que proporciona a enerxía e os nutrientes necesarios, segundo a idade e o xénero, para promover un crecemento adecuado, e un correcto desenvolvemento físico e intelectual e que, á súa vez, contribúe a manter unha boa saúde.
QUE ALIMENTOS LLE DEBEMOS OFERTAR AOS CATIVOS?
Verduras e froitas (de todo tipo e cor): son fonte principal de vitaminas (C e A, entre outras), de fibra e de minerais (potasio e magnesio, entre outros).
Legumes , cereais preferentemente integrais (arroz, avena, cebada, millo, trigo), os seus derivados (fariñas e produtos elaborados con elas: fideos, pan, galletas, etc.) .
Leite, iogur e queixo (preferentemente descremados): achegan proteínas de alto valor (completas) e son fonte principal de calcio e vitaminas A e D.
Carnes (sen graxa visible) e ovos: achegan as mellores proteínas, e son fonte principal de ferro. Este grupo inclúe a todas as carnes comestibles (de animais, aves de crianza ou de caza e peixes e froitos de mar) e aos ovos de todas as aves.
Aceites, froitas secas e sementes: son fonte principal de enerxía e de vitamina E. Os aceites crus, xunto coas froitas secas e as sementes, achegan graxas indispensables para a vida.
Doces e graxas: dan enerxía e son agradables polo seu sabor, pero non ofrecen sustancias nutritivas indispensables. Considéranse alimentos de consumo opcional, non diario.
PAUTAS PARA FOMENTAR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE NOS CATIVOS
Algunhas suxestións, a partir dos 2 anos, son as seguintes:
- A alimentación será variada e equilibrada e incluirá diariamente todos os grupos de alimentos .
- A nena, ou o neno tomarán auga segura ou potable a diario para estar ben hidratados.
- Ofertarase un menú amplo e variaremos a cor, a forma, a consistencia e o sabor dos alimentos.
- Gozar das comidas preparadas na casa , e reducir as comidas fóra de casa.
- Realizar 4 comidas ao día (almorzo, xantar, merenda e cea).
- Organizar os horarios das comidas.
- Consumir un almorzo completo e adecuado todos os días,. Sabendo que deberá estar composto de lácteos, cereais e froitas.
- A cantidade de alimentos, ou comida que lle sirvamos aos cativos depenerá do apetito que teñan , sen forzalos a comer.
- Os adultos da familia serán un bo exemplo de hábitos alimentarios saudables.
- Permitir e fomentar que o neno acompañe a facer as compras, que elixa alimentos e cociñe cos adultos da familia (este último dependendo da idade do neno).
- Tentar que as comidas se fagan en familia, xa que son un momento ideal para gozar, compartir e dialogar.
- Evitar o televisor, o ordenador , a tablet e/ou o celular á hora para comer.
- Non premiar nin castigar a conduta do neno con alimentos ou comidas.
- Evitar os alimentos fritos.
- Limitar o consumo de bebidas con azucre, e de alimentos con alto contido de graxas, azucres e sal (como manteiga, margarina, crema de leite, hamburguesas, salchichas, chourizos, xeados, lambetadas, amasados de pastelaría, e patacas fritas).
Se se consumen, elixir porcións pequenas e/ou individuais (cando sexa posible).
- Cociñar sen sal, limitar o agregado nas comidas e evitar o saleiro na mesa.