mércores, 29 de xuño de 2022

 

 APRENDER A COMER XOGANDO 


 

 Nos últimos anos houbo un aumento do interese pola alimentación saudable como un dos factores que poden mellorar a calidade de vida.

 E non é para menos.

 Segundo o último informe da European Heart Network, as enfermidades cardiovasculares causadas por factores dietéticos modificables son a primeira causa de morte en Europa. 

 Isto non lle afecta só aos adultos. 

Se nos centramos na infancia, a obesidade infantil é un dos problemas de saúde pública máis importantes do noso século: case o 40 % dos nenos españois de entre tres e oito anos sofren esta enfermidade.

 A educación alimentaria, na casa,  e na escola, creando espazos saudables son fundamentais para ofertalles aos nosos cativos unha vida máis sa e feliz no presente, e tamén no  futuro.

 

 

No seguintes enlaces podemos atopar xogos para iniciar aos cativos nunha alimentación saudable:

https://www.stoksdidactic.com/es/blog/juegos-para-trabajar-la-alimentacion-saludable

 

Xogos on line: 

https://spain.minilandeducational.com/school/juegos-online-alimentacion-saludable-ninos/