A BOA ONDA DE BELÉN
Logo dun ano complicado, cheo de cambios e de procesos de adaptación difíciles, chegou Belén ao Fogar de Saudín, e todo foi "cociñar, comer e bailar".
Dende o primeiro día a "boa onda de Belén" foi a sinal de identidade de todo o que pasou no último mes no noso comedor escolar. Sorprendeunos a todos, e agradecemos infinitamente, a capacidade que tivo de relacionarse cos peques, saíndo todos os días da cociña para recibilos, e indo falar cos que tiñan algún problema durante o xantar.
Steve Jobs afirmaba que a única maneira de facer un traballo xenial é amar o que facemos , e nós fomos testemuñas do amor de Belén pola cociña, polos nenos e porque as cousas funcionen o mellor posible.
Comezamos intentando reducir o ruído con música.
O obxectivo era falar nun ton moderado para poder gozar dun xantar saudable. Cada vez que o conseguiamos Belén saia da cociña para atopar as "mesas que molaban" e bailar cos cativos.
Cada día foi aumentando o número de colaboradores, e de cativos que se levantaban para dicirlle a nosa cociñeira o bo que estaba o menú.😋
E Belén respondía sempre cun sorriso e cun agasallo: experimentos científicos que nos mostraban a relación entre ciencia e cociña.
E foi asi como medrou o entusiasmo de todos os que traballamos no comedor, e a boa onda de Belén chegou cada vez máis lonxe.
Para os cativos que axudaron ao longo de todo o curso Belén tivo un agasallo moi especial: unha cata a cegas .
QUE RICOS ESTABAN OS BOMBÓNS DE REMOLACHA!!!😋
t
E xa que Belén nós regalou a súa boa onda, e trouxo notas de harmonía, de ilusión e de calma ao Fogar de Saudín, queremos agradecerlle canto sementou no Albino cunha canción, e cun poema que sempre nós lembrarán a súa maneira de ser e de estar.