sábado, 6 de xullo de 2024

                                   A POR TODAS !

 Aquí están, eles son os nosos  voluntarios.  Un grupo de cativos moi preocupados polo bo funcionamento do noso centro. 



Sempre están  dispostos a "botar unha man" para que todo vaia cada día mellor. Por iso antes de ir ao recreo pasan polo comedor escolar para axudar, e sempre atopan algo que facer.


Queremos rematar o curso dándolles as grazas a Julia, Nico, Sofía, Arantxa, Nubiali e Lucía polo seu interese e polo seu esforzo.

                                      Grazas equipo!