martes, 23 de xullo de 2024

                    PASIÑO A PASIÑO      👏

               👌celebramos o camiño

Dende o centro queremos agradecerlles ás colaboradoras, e aos colaboradores do comedor  o  cariño, a ilusión e a paciencia cos que sempre trataron aos nosos "peques", e que fixeron que todo fora mellorando día a día.

 

 Grazas por:

*  animalos a probar novos alimentos e celebralo cada vez que o facían.

    
      













* Transmitir calma, resolvendo calquera situación con bo humor.


* lograr que a maioría dos nenos viñeran contentos ao comedor.

* ter a capacidade de saír sempre adiante, vencendo dificultades e compartindo sorrisos.


* Atopar a palabra que é capaz de animar a cada neno, e o xesto de complicidade que lle axuda a seguir medrando.

* superar ata o sono de Ares, con creatividade .



* formar un equipo, estando sempre dispostos a botarlle unha man a quen o precisaba.
* sementar notas de tenrura.


* preocuparse por  cada cativo, logrando que o que parecía imposible se fixera realidade.


* dedicarnos o voso tempo da maneira na que só saben facelo aqueles que aman o seu traballo.


       

  FELIZ VERÁN COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS E MOITÍSIMAS GRAZAS!