SABORES DO MUNDO
No curso 2023-2024 desenvolveuse no centro o proxecto : "unha viaxe polo mundo".
Dende o comedor quixemos participar coa proposta: "os sabores do mundo", ou "un mundo con moito sabor".
Probamos pratos típicos de Perú, de Venezuela e de Portugal, e decoramos o comedor coas cores das bandeiras destes países.
Tamén fixemos murais recollendo información referida a arquitectura, gastronomía e música.
Nesta viaxe gastronómica un dos pratos preferidos polos cativos foi o cocido portugués.
A Alejandro pareceulle moi ben que este fora un dos pratos escollidos polos seus compañeiros e compañeiras.