DA HORTA AO PRATO
No Albino gústanos moito traballar na horta. Abonar, sachar, plantar, e regar pouco a pouco convertéronse nalgunhas das nosas actividades favoritas.
E cando xa valen para comer as leitugas, as acelgas, os amorodos, os repolos e as espinacas levámolos para a cociña e a xantar!