venres, 12 de xullo de 2024

           PEQUES MOI SAUDABLES

Temos que agradecer a cooperación das familias,  porque sempre están dispostas a vir ao comedor para celebrar con nós os logros dos cativos.

Este curso tivemos que convocar a moitas mamás e papás para darlles a noraboa porque os seus "peques" acadaran todos os obxectivos do comedor escolar: consumir unha dieta equibrada e  variada, practicar  hábitos alimentarios saudables, aprender e mostrar normas de comportamento correcto, participar nas tarefas, intervencións e actividades que se desenvolveron  no tempo do xantar, manifestar compañeirismo,e actitudes de respecto e aprecio cara o todas as persoas que están no comedor, e pasalo ben no fogar de Saudín.

Canto nós gusta chamar ás familias para darlles a noraboa polo comportamento dos seus cativos.!!!