WELCOME TO THE ENGLISH BREAKFAST
As nosas profes de inglés Salomé e Ana, e a auxiliar de conversa Hannah, propuxéronnos unha actividade moi interesante, relacionada co proxecto de centro : "unha viaxe polo mundo".
Consistía en que cada luns fora baixando ao comedor, á hora da parva, un grupo de alumnos, comezando polos "peques" de 4º de educación infantil para degustar o English Breakfast, almorzo típico de Inglaterra; país de orixe de Hannah.
Velaí o resultado!
Aprendemos vocabulario en inglés.
Recibimos invitacións para asistir.
Probamos e ata repetimos!
Ambientamos o Fogar de Saudín.
Graciñas a todas as persoas que fixeron posible esta actividade.